top of page

Embutidos Lalinense acolle unha charla sobre menopausa a cargo da nutricionista Vanessa Taboada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

É necesario anotarse


Ecos da Comarca/Lalín

Este sábado 8 de marzo na Gastroteca, espazo destinado a formación que a empresa

Embutidos Lalinense ten na súa tenda de Agruchave (Lalín), a nutricionista Vanessa Taboada impartirá a charla Menopausa e benestar. Alimentación intelixente para unha

transición saudable. Será ás 18 horas.

foto
Vanessa Taboada.

Vanessa Taboada realizou o Grado Superior en Dietética e Nutrición, Máster en Obesidad e Trastornos da Conducta Alimentaria, ten unha dilatada traxectoria profesional, colabora en programas de televisión e imparte formación na UNED.


Como afecta a perda das hormonas femininas, estróxenos e proxesterona, que

patoloxías se asocian a esta etapa na vida das mulleres a curto, medio e longo prazo, a

importancia dunha alimentación que palie riscos de osteoporose ou enfermidades

cardiovasculares, etc serán algúns dos temas que se tratarán nesta charla.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para asistir a esta charla, con prazas limitadas, precísase inscrición previa, ben nas

tendas de Embutidos Lalinense, ou no correo comunicacio@embutidoslalinense.com

O prezo é de 10 euros. Haberá degustación ao remate da mesma.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page