top of page

Elas Eles acusa a Avelino Souto de ofrecer "unha visión manipulada da realidade gandeira"

12min
3 min de lectura

Ecos da Comarca/Deza

A Asociación Gandeiras de Gandeiros Galegos Elas Eles reclama o máximo rigor e seriedade á hora de abordar a situación do sector lácteo galego e pide unha rectificación ante o que considera unha "manipulación da realidade" nun vídeo realizado polo concelleiro lalinense e vicesecretario del Área de Medio Rural das Novas Xeracións do PP, Avelino Souto Rozados, ao que atribúe unha importante carga de "mentiras e insensibilidade cara ao sector gandeiro".


A organización denuncia a perda histórica de familias gandeiras dedicadas á produción de leite, unha tendencia que, asegura, bate récords de abandono ano tras ano e que sitúa o sector nunha situación "moi perigosa", con arredor de 4.500 familias. Para o colectivo, esta evolución evidencia a mala xestión que, ao seu xuízo, está a realizar a Administración galega.

Desde Gandeiras de Gandeiros Galegos Elas Eles cuestionan tamén o contido do vídeo, que consideran "vinculado a un proxecto de campaña electoral e no que, segundo sosteñen, se trasladan medidas baleiras sen abordar os problemas reais que están a afrontar as explotacións".


A caída do prezo do leite e o aumento dos custos

O colectivo lembra que desde o pasado mes de abril o sector reclama mediación e control sobre a evolución do prezo do leite, tras producirse baixadas que sitúan entre os 7 e os 9 céntimos por litro, que consideran inxustificadas.


Esta situación, engaden, agravouse coa seca histórica que afectou Galicia e empeorou considerablemente a calidade e dispoñibilidade da forraxe. A organización apunta tamén ao impacto da situación internacional e das tensións no estreito de Ormuz sobre os combustibles, os plásticos alimentarios utilizados para a conservación da forraxe e os pensos, así como sobre os custos de contratación.


Críticas á burocracia e á falta de apoio

Gandeiras de Gandeiros Galegos Elas Eles cuestionan tamén as referencias á redución da burocracia, asegurando que desde 2025 están a reclamar solucións para desbloquear incorporacións de mozos e mozas ao sector e proxectos de mellora das explotacións, que denuncian que continúan paralizados pola Administración galega.


A organización critica igualmente a falta de resposta ante os grandes incendios forestais que afectaron Galicia, afirmando que continúan á espera de actuacións prometidas polo Goberno autonómico.

 PUBLICIDADE

No ámbito sanitario, sinalan a situación provocada pola enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) nos últimos dous anos e denuncian que o respaldo recibido foi insuficiente. Segundo explican, en numerosos casos as propias explotacións tiveron que asumir os custos veterinarios e cuestionan a eficacia da resposta sanitaria, incluída a utilización de vacinas que, aseguran, non correspondían co serotipo da enfermidade que estaba a actuar.


Preocupación polo acompañamento da Xunta ante proxectos estratéxicos

Outro dos puntos que cuestiona o colectivo é a exclusión de gandeiros e gandeiras de determinados procesos de alegacións por interpretacións da Xunta sobre os requisitos necesarios para participar neles.


Neste sentido, critican as modificacións normativas impulsadas a través da Lei de acompañamento e consideran que deberían garantir un maior respaldo e acompañamento ás persoas que viven e traballan no rural galego, especialmente ante empresas e proxectos que a Administración autonómica declara estratéxicos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Gandeiras de Gandeiros Galegos Elas Eles insiste na necesidade de que o debate sobre o futuro do sector se faga desde o coñecemento da realidade das explotacións, con medidas efectivas e non unicamente con mensaxes de carácter electoral.


O colectivo reclama así unha rectificación e que se teña en conta a situación que viven miles de familias gandeiras galegas, nun contexto marcado polo abandono de explotacións, a presión económica e a falta de solucións que, aseguran, comprometen o futuro do sector.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page