top of page

Dáse a fuga en Lalín tras colidir o seu coche e unha moto

Ecos da Comarca/Lalín

Onte, martes, rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Lalín no que se viron implicados un coche e unha moto e saldouse cun ferido. O 112 Galicia foi alertado escasos minutos das once da noite.

O accidente de onte en Lalín. Autor: Emerxencias Lalín.
O accidente de onte en Lalín. Autor: Emerxencias Lalín.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tratouse dunha colisión entre unha moto e un coche na PO-534 xunto a gasolineira da parroquia de Vilatuxe. Foron alertados Urxencias Sanitarias, Emerxencias Lalín e a Garda Civil de Tráfico. Cando chegaron ao lugar, comprobaron que a persoa que conducía o coche dérase á fuga.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O motorista quedou ferido e tivo que ser trasladado a un centro hospitalario.


Cabe mencionar que onte ao mediodía, outro condutor tamén se deu a fuga en Lalín tras impactar contra unha farola. Máis información desta noticia no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-condutor-dase-%C3%A1-fuga-en-lal%C3%ADn-tras-impactar-contra-unha-farola



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page