Dous coches colisionan en Silleda e un deles acaba impactando contra un autobús
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Onte, luns, rexistrouse un accidente de tráfico na localidade de Silleda. O 112 Galicia foi alertado ás 20 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia, tratouse dunha colisión frontolateral entre dous coches na N-525 á altura do quilómetro 313 en Silleda que quedaron obstaculizando o tráfico.
Publicidade
Ademais, sinala que un dos vehículos acabou impactando ademais contra un autobús que estaba estacionado.
Publicidade
Unha persoa resultou ferida leve. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Silleda.








Comentarios