Doblete histórico para o o club deportivo Biosbardo
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Esta fin de semana deportistas do club Biosbardo desprazáronse ata Barbadás, Ourense, para participar no X Campionato Galego de Trail por clubs que se desputou nun trazado duro, sinuoso e esixente de case 28 quilómetros con máis de 1600 metros de desnivel positivo e negativo e quedaron campións galegos absolutos e campioas galegas absolutas. "Doblete histórico para o noso club, saindo a por todas e sen medo desde o pistoletazo de saída. O equipo masculino revalida así o título colleitado en 2024 e o feminino sube dous postos para facernos así coa dobre corona do trail galego. ¡Un dos principais obxetivos do ano cumpridos con creces!", sinala.

"Na liña en que nos teñen acostumados os nosos deportistas, coa mesma humildade que determinación, sairon agrupados, en cabeza, tanto eles como elas dispostos a loitar cóbado con cóbado e apoiarse nos case trinta quilómetros de duro trazado polas carballeiras ourensás. Federico Losada, campión absoluto da proba, non deu opción, saía en cabeza, escoltado por Marcos, Milo e Iván, que farían o cuarteto de cabeza; ‘Fico’ mantiña a posición ata meta cun tempo estratosférico de 2h36’. Marcos Pascual, entraba na 4ª posición absoluta, seguido de preto polo cruceño Emilio Montilla, 7º; e Iván Sangiao 9º. Conseguindo así meter a 4 dos primeiros corredores dentro do top 10 da proba".
Completaban o equipo masculino Fran Pascual, Jacobo Rodríguez, Diego Indalecio Fernández e José Voces.
Publicidade
Fanny Abelenda, subcampioa absoluta da proba. "A gran revelación da xornada, amosando un formidable estado de forma, saía valente e co paso dos quilómetros avanzou postos ata consolidarse na 2ª praza que non abandonaría ata meta. Inmediatamente seguida pola veciña de Dozón Tamara García, completaban o podio dúas das nosas corredoras. Pechando equipo e amosando unha gran compenetración chegaban a meta xuntas Vanessa Álvarez e Enara Fernández nos postos 11 e 12".
Doble título, masculino e feminino, así como diversos podios por categoría no Castro Trail que consolidan o CD Biosbardo como un dos clubs referentes de Galicia.
As seguintes citas de alto nivel para o Club serán os Campionatos de España Vertical e Carreiras de Montaña que se desputarán en Canfranc-Pirineos durante os días 7 e 8 de xuño.
Commenti