top of page

Deza volve entrar nun campionato de España co Club Atletismo Deza

María Rivero participa esta fin de semana no Campionato de España Sub 14 na combinada D

Ecos da Comarca/Deza

María Rivero, atleta do Club Atletismo Deza compite esta fin de semana no Campionato de

España Sub 14. A deportista clasificouse na proba de Albacete no posto 32, formando parte da lista dos 36 mellores atletas de España desta categoría.


Trátase da terceira deportista do Club Atletismo Deza que logra ir a un Campionato de España, tras Iago Pazos e Beltrán Rivas. A deportista participará na combinada D, que engloba lanzamento de disco, lanzamento de peso e 80 metros lisos. Rivero márcase como obxectivo lograr manter esa 32 posición na que se clasificou ou mellorala, pero dende o equipo directivo remarcan xa sentirse “orgullosos” de “outra lalinense chegue a unha proba de tanto nivel”.


Probas fin de semana

Noutra orde de temas, na pasada fin de semana tivo lugar o Campionato Galego Individual Sub 18 o sábado en Pontevedra, no que participaron dous atletas que conseguiron sendas

medallas. Por unha banda, Diego Reboredo proclamouse subcampión galego desta categoría en lanzamento de disco cunha marca persoal de 38,61 metros. Pola outra, Breogán García logrou unha terceira posición en salto de altura e unha cuarta en salto de lonxitude. En ambas probas mellorou as súas marcas persoais cos seguintes resultados: 1,81 metros e 6,11 metros, respectivamente.

Na mesma fin de semana, tivo lugar o Campionato Galego Sub 16 de probas combinadas en Ferrol, que se levou a cabo entre sábado e domingo. Nel participaron Beltrán Rivas e León Feijoo no octatlón. Rivas conseguiu bater o seu propio récord galego e acadou un total de 4.887 puntos, facéndose co podio e marcando unha distancia considerable coa segunda posición. “Estamos moi felices por este grande resultado”, remarca o adestrador Nacho Castro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Feijoo quedou na novena posición con 3.034 puntos e acadando unha nova marca persoal. Tamén na mesma cita estivo Valeria Pájaro, quen participou no exatlón e quedou en 10ª posición con 2.487 puntos e nova marca persoal.


Novos ouros de Antonio Riera

O veterano do Club Antonio Riera segue a colleitar novas medallas para o Club. Nesta ocasión foi no Campionato Galego Máster de aire libre, que tivo lugar en Santiago de Compostela.


Participou na proba de 800 metros lisos no que chegou a facer un tempo de 3’27” e en 400 metros lisos con 1’31”. En ambas probas conquistou o podio.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page