Detido un mozo de 19 anos do Pino polo atropelo mortal ocorrido este luns nesta localidade
- ecosdacomarca
- 1 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino

Tal e como adiantabamos nunha noticia, dúas persoas, unha delas falecida, foron alcanzadas en O Pino por un coche que continuou a marcha, tal e como informou o 112 Galicia e a propia Garda Civil. Sucedeu nunha pista que pasa por debaixo da A-54, e que une Ferreiros e Dodro, á altura de Ferreiros. O presunto autor do atropelo xa foi detido tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia da Coruña.
Publicidade
Un particular foi quen, ás 11:40 horas de hoxe, avisou ao 112 Galicia. Indicaba que un coche continuara a marcha despois de alcanzar a unha persoa. Aseguraba que se trataba dun accidente grave.
Publicidade
"O detido trátase dun mozo de 19 anos da localidade do Pino. Procédese a súa investigación por un delito de homicido involuntario e deu positivo en alcohol", informa a Garda Civil.
Publicidade
Tras contactar co persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, indicaron que cara o punto se desprazaba o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, posto que unha persoa falecera e outra resultara ferida de consideración.
Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse dos feitos á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arzúa e de Santiago.
A vítima é un home de 67 anos do Pino.
NOTICIA RELACIONADA:
Yorumlar