Ecos da Comarca/O Pino
Dúas persoas, unha delas falecida, foron alcanzadas en O Pino por un coche que continuou a marcha, tal e como informa o 112 Galicia. Sucedeu nunha pista que pasa por debaixo da A-54, e que une Ferreiros e Dodro, á altura de Ferreiros.
Publicidade
Un particular foi quen, ás 11:40 horas de hoxe, avisou ao 112 Galicia. Indicaba que un coche continuara a marcha despois de alcanzar a unha persoa. Aseguraba que se trataba dun accidente grave.
Publicidade
Tras contactar co persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, indicaron que cara o punto se desprazaba o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, posto que unha persoa falecera e outra resultara ferida de consideración.
Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse dos feitos á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arzúa e de Santiago.
Publicidade
Finalmente, os profesionais sanitarios confirmaron ao 112 Galicia o traslado en ambulancia da persoa que resultara ferida ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.
Comments