top of page

Detido o autor de roubos producidos nas comarcas Terras de Melide, Arzúa, Ulloa, Deza e Ordes

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

No marco da Operación CARDEAL, levada a cabo polos compoñentes do Equipo ROCA de Santiago de Compostela, coa colaboración dos Postos de Arca, Boimorto, Melide, Arzúa e a Patrulla da Compañía de Santiago de Compostela, a Garda Civil ha logrado a detención dun individuo pola súa presunta implicación nunha serie de delitos contra o patrimonio que xeraron unha gran alarma social nas localidades de Boimorto, Arzúa, Curtis, O Pino, Frades, Oroso, Palas de Rei, Vila de Cruces, Lalín e, especialmente, Melide.

O momento da detención. Fonte: Garda Civil da Coruña.
O momento da detención. Fonte: Garda Civil da Coruña.

O detido é considerado responsable dunha oleada de roubos que se iniciou en outubro e que inclúe 12 delitos de roubo/furto e uso de vehículos, 22 delitos de roubo con forza no interior de vehículos, 2 delitos de furto e un delito contra a seguridade viaria ao conducir sen obter permiso de condución.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O autor dos feitos aproveitaba as últimas horas da tarde e os descoidos dos propietarios para subtraer vehículos coas chaves postas, os cales eran posteriormente abandonados en Melide. Estes vehículos roubados eran utilizados para a comisión de roubos no interior doutros automóbiles estacionados en lugares pouco transitados das localidades afectadas.

O detido empregaba un martelo de emerxencia para fracturar as xanelas dianteiras, accedendo á guantera e subtraendo obxectos de valor do interior. En caso de non atopar botín, causaba danos indiscriminados, como a fractura de todos os portelos e danos no interior dos vehículos. Ademais, atribúenselle dous delitos de furto de gasoil, utilizando unha garrafa plástica e unha mangueira para encher os vehículos subtraídos. A operación culminou o pasado mércores, 22 de xaneiro, coa detención do sospeitoso en Melide. Foi sorprendido in fraganti a bordo dun vehículo subtraído en Frades, mentres realizaba labores de vixilancia en busca de novos obxectivos.

As ferramentas que empregaba. Fonte: Garda Civil da Coruña.
As ferramentas que empregaba. Fonte: Garda Civil da Coruña.

No momento da detención, o individuo portaba diversas ferramentas utilizadas para a comisión dos roubos: un gorro para ocultarse, luvas, lanterna, chave de parafusos, martelo rompe cristais, unha garrafa de 5 litros e unha mangueira de succión. Grazas á actuación do Equipo ROCA da Garda Civil de Santiago de Compostela:

• Logrouse a recuperación do vehículo subtraído, que foi entregado ao seu propietario lexítimo.

• Reuníronse probas que vinculan ao detido cun total de 37 delitos contra o patrimonio e a seguridade viaria.


As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Arzúa, onde o detido deberá responder polos feitos imputados

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page