O Pino ofrece clases de pilates e hipopresivos os mércores pola mañá no pavillón de Lameiro
As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse ata o 16 de novembro
Ecos da Comarca/O Pino
O Concello do Pino abriu o prazo de inscrición para Pilates e Hipopresivos III, unha actividade dirixida á veciñanza que se desenvolverá os mércores pola mañá no pavillón de Lameiro.

As sesións, dunha hora á semana, serán de 10:30 a 11:30 horas e comezarán o 4 de
novembro. A actividade prolongarase ata xuño de 2027, e ofrece unha opción para
practicar estas disciplinas en horario de mañá.
PUBLICIDADE
As persoas interesadas poden inscribirse ata o luns 16 de novembro, de forma presencial no Concello do Pino ou en liña a través da aplicación municipal de reservas
Dado que as prazas son limitadas, o Concello anima a formalizar a inscrición canto antes. A realización da actividade require un mínimo de 8 persoas inscritas.
PUBLICIDADE
Con esta iniciativa, o Concello do Pino segue apostando por unha oferta de actividades
saudables e accesibles, pensada para que a veciñanza poida coidarse sen saír do seu
entorno.









Comentarios