Ecos da Comarca/Melide
Fontes oficiais contactaron este mércores con este medio para alertar dunha vertedura ao rego de Piñor dentro do ZEC Serra do Careón (Melide). "Onte a noitiña alertaron uns pescadores de que había un vertido no río Furelos augas abaixo da desembocadura do río de Piñor que desprendía olor a gasoil e ata alí se desprazou persoal do PCV de Augas Galicia. Hoxe seguiuse co seguimento do vertido (persoal do PCV e axentes ambientais da Xunta)".
Lembran que "o polígono da Madanela foi construído no seu tempo sen contar con depuración municipal, polo Concello pasou no seu día (como alcaldesa) a actual Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e ata o día de hoxe as administracións local e autonómica non son capaces de subsanar os vertidos que proveñen do polígono, o que xa provocou non fai tantos anos, o vedado do tramo do río Furelos dende este punto onde desemboca o rego de Piñor no Furelos ata a súa desembocadura no río Ulla, por un vertido que acabou matando a moitos peixes (e xusto este ano volveuse abrir á pesca). Neste caso onte máis hoxe non se observou mortandade de peixes aínda que un pescador seica veu un peixe morto nunha poza".
Publicidade
O Polígono da Madanela está situado na Zona de Especial Conservación da Rede Natura 2000 denominada "ZEC Serra do Careón" (espazo protexido).O rego afectado polo vertido está afectado polas zonas 1 área de protección e 3 área de uso xeral da zonificación que fai o Plan Director da Rede Natura de Galicia. (A zona 1 ten a máxima protección).
Publicidade
Comments