A actuación leva meses demandándose debido aos incidentes e os continuos trastornos provocados pola cantidade de fochancas
Ecos da Comarca/O Pino
A estrada que enlaza os municipios de Touro e O Pino presenta un estado lamentable cheo de fochancas. Despois de múltiples queixas e de máis dun incidente, o Concello do Pino empezou este martes as obras de arranxo, que son máis que necesarias e moi demandadas desde hai meses.
Cabe mencionar que ECOS DA COMARCA fixo públicas as queixas de veciños e condutores no mes de febreiro; ao mes seguinte o PSOE de Pino volveu reivindicar o seu arranxo no pleno e o venres pasado este xornal daba conta dos daños nun vehículo tras pinchar unha roda debido a un bache. As protestas e o malestar, sobre todo das persoas que usan a cotío este vial, tamén se deixaron ver nas redes sociais e por fin surtiron efectos polo ben de todos.
Fotos actuais dá reparación deste viario:
Noticias relacionadas:
Commenti