top of page

Un vehículo sofre danos na estrada que une O Pino e Touro debido ao estado que presenta este vial

Debido as fochancas o coche levou un golpe nunha llanta provocando que a roda se pinchase e tendo a súa propietaria que chamar a unha grúa


Laura Moure / IsmaelRS / Comarca Arzúa

O pasado mes de febreiro ECOS DA COMARCA recollía as queixas veciñais e de condutores polo estado que presenta a estrada que une os municipios de Touro e O Pino, concretamenta do traxecto que une Bama co Pedrouzo. E o PSOE do Pino demandou no pleno en marzo o arranxo urxente deste tramo, pero a estrada segue igual ocasionando continuos trastornos para as persoas que circulan a miúdo. Sen ir máis lonxe, este venres unha veciña de Touro sufriu un pinchazo cando viaxaba no seu vehículo por esta estrada ao redor das 14:00 horas.


O coche, debido ás múltiples fochancas que hai, levou un golpe na llanta e como consecuencia pinchou a roda, polo que a afectada viuse na obriga de chamar a unha grúa.


Que opinan os veciños sobre este tema:

"Hoxe tocoulle a esta veciña de Touro, pero en calquera outro momento pode tocarnos a calquera de nós porque isto non é algo illado, dado que coñecemos máis casos similares"
"E vai sendo horas de que Concello de O Pino faga algo o respecto, tal e como comentou fai un par de semanas, e meterlle man a este tramo. Que non pase como sempre que estamos esperando a que se produza unha desgracia para actuar".

Fotos do vehículo afectado hoxe nesta estrada sobre as 14:00 horas:

Autor: Ecos da Comarca
Autor: Ecos da Comarca
Autor: Ecos da Comarca

Estado actual desta estrada:

Fotos do estado actual e un vídeo no que se pode ver a gran afluencia de coches neste tramos, tanto vehículos utilitarios como de gran porte.

Autor: Ecos da Comarca

Vídeo da gran afluencia deste tramo

Autor: Ecos da Comarca


Noticias relacionadas:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page