Crespo e Puy afirman en Lalín de que o PSOE "pretende seguir asfixiando con máis impostos"
Os candidatos do PP ao Senado e Congreso realizaron un paseo pola feira da capital dezá xunto a Luis López e Adrián Vázquez
Ecos da Comarca/Lalín
Os candidatos do PP José Crespo e Pedro Puy alertaron onte en Lalín "de que o PSOE pretende seguir asfixiando á xente con máis subas de impostos en caso de seguir ao fronte do Goberno de España e defenderon o modelo oposto, cunha baixada xeral dos tributos, especialmente para as familias, cidadáns con rendas medias e baixas e autónomos, cun Executivo liderado por Alberto Núñez Feijóo".

Os dous representantes populares, no marco dun percorrido pola feira da capital dezá acompañados polo presidente provincial dos populares, Luis López, e o eurodeputado Adrián Vázquez, afondaron "na situación fiscal asfixiante tras os oito anos de Pedro Sánchez e tamén na economía real das familias, que é unha das cuestións que máis preocupa e afoga á xente polos aumentos de impostos e do custe da vida". “Non lles chegou todo o que subiron os impostos que nesta campaña e no seu programa xa anuncian dez incrementos fiscais máis”, apercibiron Crespo e Puy.
PUBLICIDADE
“O PSOE aplicou máis de cen subas de impostos neste tempo e incrementou a recadación fiscal na provincia de Pontevedra nun 70% neste tempo. Isto podería estar ben se melloraran os servizos públicos e a atención aos cidadáns, pero isto non está pasando, todo funciona peor e nin sequera se apoia a sectores estratéxicos para Lalín e O Deza, como é o caso do agrogandeiro, asfixiado polo prezo dos combustibles e sen case axudas. Esta recadación disparada estase amosando inservible, posto que non se revirte na xente nin nos servizos públicos pola súa evidente falta de xestión”, aseveraron Crespo e Puy, que denunciaron que “lonxe de deixar de apretar á xente malia o que custa chegar a final de mes”, o PSOE v"ai seguir subindo os impostos nos próximos anos se os cidadáns non impiden que siga no Goberno porque a súa voracidade fiscal non ten límites e non amosan ningunha empatía co sufrimento das economías domésticas”.
PUBLICIDADE
Fronte a este modelo, os dous candidatos populares anunciaron que Feijóo e o PP "van optar pola vía contraria, con baixadas xeralizadas de impostos e un mellor funcionamento dos servizos públicos, os investimentos e a atención aos cidadáns grazas á capacidade de xestión, o rigor e a eficiencia dos equipos do PP". "Non imos facer nada que Feijóo non fixera antes en Galicia e que coñecemos todos, que é cobrar uns impostos algo máis baixos, xustos e suficientes para que, con eficacia e moito traballo, os servizos funcionen de maneira óptima, aínda que peor que estes oito anos, cunha degradación evidente, é practicamente imposible", concluiron Crespo e Puy.









Comentarios