top of page

Crespo acusa a Sánchez de dificultar o pago da luz e calefacción a 10.400 veciños de Deza e Tabeirós

hace 13 horas
2 min de lectura

O candidato do PP ao Senado lamenta "a alza de prezos e a inacción do Goberno de España para axudar aos cidadáns"


Ecos da Comarca/Lalín

O candidato do PP ao Senado pola provincia de Pontevedra José Crespo responsabilizou onte á política enerxética de Pedro Sánchez "de provocar que 10.400 veciños das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes teñan moitas dificultades para pagar a factura da luz e a calefacción nunha situación que se agravará a medida que avance o inverno". Neste senso, o candidato popular afirma que "nestes últimos oito anos e medio a cifra de cidadáns destas dúas bisbarras de interior en situación de pobreza enerxética foi medrando ata alcanzar o 16,6% da poboación fronte do forte incremento dos prezos da

electricidade e dos sistemas de calefacción".

Co gallo da forte baixada das temperaturas e das primeiras friaxes do outono, José

Crespo lamenta "a inacción do Executivo central para axudar aos cidadáns" e critica que “non fagan nada, aínda que a xente pase frío, porque, a maior prezo de todos os produtos enerxéticos, maior recadación fiscal que lle sacan á xente e ás empresas, que é o único que lles importa nunha voracidade sen límites”.

 PUBLICIDADE

O número 2 da lista do PP á Cámara Alta concretou que, no último ano, "o prezo da luz medrou en case un 30%, mentres que os sistemas de calefacción atópanse disparados, especialmente o gasóleo, que case duplicou o seu prezo nos últimos anos, aínda que a situación de suba tamén é extensible ao gas cidade ou os pellets e incluso a outros máis eficientes, como a aerotermia e a xeotermia, posto que o seu funcionamento depende da subministración eléctrica".


“Unha casa ou un piso medio de calquera punto de Deza e Tabeirós que gaste 2.000 litros de combustible en calefacción este inverno vai ter que gastar máis de 3.000 euros para quentarse, a razón de máis de 500 euros mensuais durante os seis meses de frío, polo que todo o mundo entende que é unha cantidade totalmente inasumible para milleiros de familias”, manifesta Crespo, que tamén engade nesta situación á bombona de butano, que lembra "que vén de alcanzar hai uns días o seu custo máximo de 19,55 euros tras unha constante escalada".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Finalmente, o tamén alcalde de Lalín incide en que os bonos sociais para consumidores vulnerables das distintas administracións “serven para axudar a unha parte da poboación e son o mínimo que se pode esixir, pero non resolven todos os problemas das familias nesta materia” e lamenta que Sánchez "non tomara medidas reais e efectivas nunha cuestión básica para que moitas familias teñan unha mínima calidade de vida”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page