top of page

Silleda aprobará unha guía municipal para promover unha comunicación inclusiva e libre de estereotipos

12hs
2 min de lectura

A iniciativa dá cumprimento a tres actuacións recollidas no Plan de Igualdade e inclúe

pautas específicas para o Concello, o CIM e a Policía Local


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda aprobrará en Xunta de Goberno Local a súa Guía Municipal de Comunicación Inclusiva e Non Discriminatoria, un documento que establece criterios comúns para incorporar a perspectiva de xénero e o respecto á diversidade á comunicación institucional. A iniciativa enmárcase no desenvolvemento do Plan Municipal de Igualdade e permite dar cumprimento a tres das súas actuacións: a elaboración dunha guía de publicación de contidos non sexistas para as redes sociais municipais, outra dirixida aos diferentes servizos e departamentos do Concello e unha terceira centrada no uso non sexista e non discriminatorio da linguaxe, tanto nas comunicacións internas como nas externas.


Estes tres instrumentos intégranse nun único documento, estruturado en apartados

diferenciados, co obxectivo de facilitar a súa consulta e aplicación por parte do persoal

municipal.

Criterios para as redes sociais e os servizos municipais

A guía establece pautas para a elaboración de publicacións, a selección de fotografías e

vídeos e a representación equilibrada de mulleres e homes, evitando a reprodución de

estereotipos ou mensaxes discriminatorias.


No ámbito das redes sociais, contempla criterios específicos para os tres perfís de

comunicación municipal: as contas institucionais do Concello, que difunden a actividade das distintas áreas, as do Centro de Información á Muller (CIM) e as da Policía Local.

 PUBLICIDADE

O documento incorpora tamén un protocolo para a publicación de contidos, a coordinación

entre servizos, a xestión de comentarios e a corrección de posibles incidencias, prestando

especial atención á protección da intimidade e ao tratamento de información sensible.


Ademais, establece recomendacións adaptadas aos diferentes ámbitos da Administración local, desde os servizos administrativos, Urbanismo e Obras ata Medio Rural, Servizos

Sociais, Cultura, Educación, Deportes ou Promoción Económica.


Unha linguaxe clara, respectuosa e inclusiva

A terceira parte da guía céntrase no uso dunha linguaxe non sexista e non discriminatoria

nos documentos administrativos, formularios, convocatorias, notas de prensa, campañas

informativas e comunicacións internas. As recomendacións buscan evitar expresións discriminatorias e favorecer unha comunicación máis respectuosa coa diversidade, mantendo a claridade, a corrección lingüística e a precisión administrativa.


A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, destaca que "a igualdade tamén debe estar

presente na maneira en que nos comunicamos como Administración. Non se trata só das

campañas que facemos sobre igualdade, senón de incorporar estes criterios á actividade

diaria de todos os departamentos municipais".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A rexedora subliña tamén o carácter práctico da iniciativa: "Queremos que sexa unha

ferramenta útil para o persoal municipal, que nos permita manter uns criterios comúns e

avanzar cara a unha comunicación institucional máis coidadosa, respectuosa e

representativa da nosa sociedade".


Difusión interna e pública

Tras a súa aprobación, a guía distribuirase entre os diferentes departamentos e servizos

municipais, especialmente entre as persoas responsables da elaboración de contidos

informativos e da xestión das redes sociais. O documento tamén estará dispoñible na páxina web municipal para facilitar a súa consulta pública.


Con esta iniciativa, o Concello de Silleda continúa avanzando no desenvolvemento das

medidas previstas no V Plan de Igualdade, incorporando a perspectiva de xénero de maneira transversal ao funcionamento da Administración municipal.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page