Ecos da Comarca/O Pino

Hoxe comezaron os traballos de mellora da pavimentación da estrada que vai desde a Rúa Codesal de O Pino ata o límite coa parroquia de Bama (Touro), tal ecomo informa o PSOE do Pino. Cabe mencionar que foron moitas as queixas que se produciron polo estado lamentable desta vía tal e como recolleu ECOS DA COMARCA e o seu arranxo foi demandado en máis dunha ocasión polo partido socialista.
Esta obra está financiada pola Deputación de A Coruña e a estrada tivo que cortarse ao tráfico para poder levar a cabo a actuación.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments