top of page

Correos presenta un selo que leva por imaxe a a igrexa de Vilar de Donas, de Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en Lugo, Manuel Antonio Fernández, participou onte -na igrexa de San Salvador de Vilar de Donas, en Palas de Rei- na presentación do selo de Correos dedicado a este templo declarado BIC.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O selo forma parte da serie filatélica 'Camiño de Santiago. Patrimonio Mundial' que este ano unicamente inclúe dous monumentos en toda España, a igrexa de Vilar de Donas e a Porta do Revellín, en Logroño.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, e alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, tamén participou no acto. García Porto puxo en valor esta iniciativa como “un recoñecemento ao valor artístico, histórico e simbólico dun referente patrimonial da comarca da Ulloa e da provincia de Lugo”, e sinalou que contribuirá a “proxectar e divulgar a riqueza do románico lucense, un estilo que desde a Deputación estamos a promocionar pola súa importancia cultural e turística”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page