top of page

"Correos pon en perigo a calidade do servizo do reparto postal polos recortes no cadro de persoal"

O BNG de Lalín sinala que “As drásticas reduccións minguan ao límete o servizo postal en Lalín”


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín informa que diante das continuas e persistentes concentracións de protesta do persoal da Unidade de Reparto de Lalín (U.R. Lalín) pola falta de persoal minimamente preciso para realizar o servizo de reparto postal no concello de Lalín, tanto en zonas do casco urbano como no medio cento de parroquias, decidiu contactar e recabar información de persoal traballador da UR de Lalín e do sindicato postal CIG-Correos que lles fixo un amplo relato da orixe da conflitividade.

Vilariño afirma que a situación que lles expuxeron “prodúcenos moita preocupación polas graves consecuencias da deriva a nivel da calidade do servizo para a veciñanza como para o cadro de persoal”. O voceiro muncipal nacionalista relata que tres traballadores están gozando o seu periodo legal de vacacións proporcional ao tempo de servizo no que vai de ano 2025, os cales se xubilarán para o vindeiro mes. "Isto é importante para o resto dos seus compañeiros e compañeiras dado que non se garante por parte da empresa Correos a súa reposición total, senón que se verá incrementada a redución de persoal en un efectivo seguro e probablemente en ate dous incluso".


Da información recollida, o BNG quere dar a coñecer á opinión pública un breve resumo da situación actual e no que poderá chegar a derivar en próximas datas senón se pon remedio por parte dos directores da empresa que teñen a responsabilidade de xestionar a política de contratación e dimensionamento acaído dos cadros de persoal. "Desde o 1º de maio de 2016, hai xa máis de 9 anos, dotouse á Cartería de Lalín con un total de 23 efectivos de reparto; 7 eran para o reparto da vila e 16 para o rural. Aclarar que os traballadores de Agolada e Rodeiro, 3 efectivos en cada concello foron incluidos na UR de Lalín ao ter que comezar e rematar a súa xornada en Lalín e non nos seus respectivos concellos de destino como antes viñan facendo. Por tanto, 6 efectivos non son de Lalín,

que sumados a 2 carterios que traballan a cabalo de Lalín e Dozón, na realidade prática. O que é o concello de Lalín ten 10 efectivos rurais, dos cales 2 eran e son compartidos os seu percorridos con parte de Dozón e incluso unha parroquia de Rodeiro. Dito isto, desde o ano 2020 e até o 2023, ben por concurso de traslados ou ben por xubilacións ,até un total de catro postos de traballo, os efectivos totais quedaron reducidos na prática operativa a 5 carteiros para o urbano de Lalín e 14 para os rurais no que están incluidos os 3 de Agolada e outros 3 de Rodeiro, polo que se veu reducido de 23 para 19 carteiros; e que sumado á política de contratación radical de CERO en persoal eventual, non só para suprir as vacantes senón que tamén para cubrir as ausencias por licenzas, permisos e vacacións no verán".


Desde o BNG de Lalín denuncian "que esta situación de absoluta precariedade no cadro de persoal levounos a celebrar concentracións semanais na nosa vila, na capital da provincia, Pontevedra, e até a capital de Galiza, Santiago, para denunciar esta situación en varias ocasións sen obter solucións satisfactorias fóra das boas palabras de mínima cortesía".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Lembran desde a fronte nacionalista que tamén se ten recurrido a expor nas institucións o problema, "tanto no concello de Lalín, que manifestou o apoio unánime da corporación, como nas Cortes Españolas, Congreso dos Deputados e Senado (sempre a iniciativa do BNG), no que os responsábeis do Goberno sempre declinaron facer fronte ao plantexamento dos traballadores remitindo aos xestores da Zona-1 na que está integrada Galiza".


Vilariño afirma que "no fondo está a defensa da calidade do reparto postal, un servizo público universal que é realizado pola empresa Correos, con capital 100% estatal, polo que consecuentemente se financia mediante os impostos dos contribuíntes. A intención por parte dos xestores responsábeis da empresa Correos é non cubrir unha praza do

casco urbano, o que faría que quedara a dotación de 4 carteiros para o casco urbano dos 7 dimensionados no ano 2016, pasando de 2 a 3 as prazas sen cobertura. Ademais de isto, non se garante que se cubran as 2 prazas de rurais, pois hai rumores que apuntan á supresión de 1 praza das que deixarían vacantes os 2 carteiros rurais que se xubilan. Isto vai supoñer outro efectivo menos no persoal rural, o que engade 1 praza máis sumando un total de 3 rutas de reparto sen cubrir no rural. Resumindo, que entre 3 urbanos e 3 rurais menos , serían 6 repartos de xornada completa na quenda de mañá menos con respeito ao punto de partida do ano 2016, en tan só 9 anos".


Desde o BNG din saber da importancia estratéxica que ten o sector primario e todo o relacionado coa produción agrogandeira e as empresas que son proveedoras e suministradoras. Por tanto, non se pode considerar un Concello do interior de Galiza en recesión poboacional, produtiva ou económica.


O BNG esixe responsabilidade a Correos para poñer todas as medidas precisas que impidan deteriorar, aínda máis, o minguado servizo postal universal de reparto en Lalín e concellos veciños. "Son centos de núcleos de poboación que se sirven desde a UR de Lalín, con percorridos que sobrepasan no seu conxunto máis de 1.500 quilómetros diários por viais que son camiños e pistas rurais en mal estado de conservación os máis de eles con vehiculos que sufren un enorme desgaste, averías, golpes, acidentes e pinchazos frecuentes sexan particulares ou da empresa".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os traballadores da UR de Lalín nos advertiron ao BNG que, "para o verán que esta a comezar, será caótico e moi precario a atención á cidadanía pola falta de contratación de persoal eventual necesario para a ralización do servizo de reparto, e de non se frear o actual panorama de falta de carteiros no cadro de persoal que se poderían remediar por varias adxudicacións das vacantes nun movemento de concurso de traslados reglado. Do contrario, non sendo así, acabarán por acumularse centos de obxectos postais e os maioría dos viciños e veciñas que teñen que recibir a súa correspondencia cada xornada só recibirán unha vez á semana, esto se dan chegado os carteiros nas súas obrigadas rotacións de percorridos das rutas súas e de todas as zonas que se ordenan con recargos por parte do xefe da Unidade de Reparto, xa que dentro do horario que teñen será

totalmente imposíbel chegar a todas as aldeas e rúas urbanas engadidas a calzador a cada efectivo".


En definitiva, "non se pode cumprir coa normativa comunitaria europea de chegar a todos os destinos diariamente cinco días á semana e que está transcrita no regulado legalmente no Estado Español pola lei postal en vixencia".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page