Ao presidente en funcións Andrés Seoane, súmanse Andrea Guerra e Leila Fernández
Ecos da Comarca/Silleda
A Asociación Cultural Amigos da Empanada da Bandeira celebrou a mañá do sábado 24 de febreiro unha asemblea extraordinaria de persoas asociadas para a elección dunha nova Xunta Directiva que organizase a Festa da Empanada e os seus festivais. Con todo, a falta de candidaturas para liderar unha nova organización este ano forzou a continuidade de algúns membros da actual directiva en funcións.
Publicidade
Neste contexto, e co compromiso de celebrar o medio século de vida da cita gastronómica e cultural, un equipo de tres persoas, liderado polo presidente en funcións Andrés Seoane, uníronse para conformar a nova Xunta Directiva. Ao actual presidente en funcións súmanse Andrea Guerra, expresidenta da entidade, e Leila Fernández, actual responsable de comunicación.
Publicidade
"A pesar das dificultades, estamos decididos a garantir que a Festa da Empanada continúe medrando coa mesma ilusión que en anos anteriores", remarca Seoane, quen pide ao pobo de A Bandeira "un apoio exemplar e o máximo compromiso para entre todos e todas levar a cabo a mellor festa do verán galego".
Publicidade
Comments