Controlado o incendio forestal de Carboentes, Rodeiro
- ecosdacomarca

- 13 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
O lume do concello de Rodeiro, da parroquia de Carboentes, está controlado
desde as 8:20 horas de hoxe luns, tal e como informou a primeira hora da mañá a Consellería de Medio Rural.

O incendio iniciouse ás 14:26 horas de onte domingo e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 29 hectáreas.
Publicidade
Para a súa extinción, segundo Medio Rural, mobilizáronse 2 técnicos, 7 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 6 avións.
NOTICIA RELACIONADA:
Un incendio forestal en Carboentes, Rodeiro, supera as 20 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-incendio-forestal-en-carboentes-rodeiro-supera-as-20-hect%C3%A1reas







Comentarios