top of page

Controlado dende esta medianoite o incendio forestal de San Martiño de Oleiros, Toques

Ecos da Comarca/C.Terra de Melide

Ás 00:20 horas de hoxe, domingo, quedou controlado o lume iniciado ás 18:49 horas deste xoves no concello coruñés de Toques, parroquia de San Martiño de Oleiros, tal e como informou a primeira hora desta mañá a Consellería de Medio Rural.

Medios de extinción o venres en San Martiño de Oleiros. Autor: Ecos da Comarca.
Medios de extinción o venres en San Martiño de Oleiros. Autor: Ecos da Comarca.

Neste lume, que segundo as últimas estimacións rolda as 320 hectáreas afectadas, tívose que activar a Situación 2 pola proximidade ao núcleo de Penagundín, medida xa desactivada.


Para a extinción do incendio, segundo afirma Medio Rural, mobilizáronse de xeito acumulado, 3 técnicos, 19 axentes, 34 brigadas, 33 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións. Hai que facer mención especial tamén aos Bombeiros de Arzúa e aos veciños que con tractores e cisternas e sen descanso traballaron arreo para combater o lume. Tamén os lugareños que con cubos de auga, mangueiras, batefogos,... fixéronlle fronte a un incendio que arrasou boa parte da Serra do Careón.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cabe mencionar que onte, domingo, volveron producirse novos focos na zona do Meire e próximos a unha granxa e a unha matadoiro.


Tamén na zona do Leboreiro (Melide) onde o xoves se producía outro lume que puxo en perigo a unha vivenda, se orixinaba onte ao mediodía outro na zona palense de Orosa que se volveu reactivar pola tarde. Neste lugar, tamén hai granxas próximas.




NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page