Estabilizado o lume forestal de San Martiño de Oleiros, Toques
- ecosdacomarca

- 16 ago 2025
- 2 Min. de lectura
Desactivada a Situación 2
Ecos da Comarca/Comarca Terra de Melide
Ás 23:58 horas de onte, venres, quedou estabilizado o lume iniciado ás 18:49 horas deste xoves no concello coruñés de Toques, parroquia de San Martiño de Oleiros, tal e como informou hoxe a Consellería de Medio Rural.

Neste lume, que segundo as últimas estimacións rolda as 300 hectáreas de superficie afectada, desactivouse na pasada madrugada a Situación 2 adoptada como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Penagundín, no concello limítrofe de Melide. Pero ademais de estar próximo a unha vivenda en Penagundín na madrugada do xoves para o venres, onde actuaron os Bombeiros de Arzúa, tamén estivo moi preto doutras casas en San Martiño de Oleiros, como por exemplo, no lugar de Fondevila, polo que se viviron momentos de moita tensión. Tamén foi necesario evacuar gando, como aconteceu nunha explotación de cabras, para evitar que fora devorado polas lapas.
Publicidade
Publicidade
Segundo Medio Rural, para a extinción do incendio mobilizáronse de xeito acumulado, 3 técnicos, 12 axentes, 25 brigadas, 25 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións. Hai que facer mención especial tamén aos veciños que con tractores e cisternas e sen descanso traballaron arreo para combater o lume. Tamén os lugareños que con cubos de auga, mangueiras, batefogos,... fixéronlle fronte a un incendio que arrasou boa parte da Serra do Careón.
VÍDEOS DE ECOS DA COMARCA DESTE LUME:








Comentarios