top of page

Concentración no IES Marco do Camballón para esixir unha solución ao profesorado de Latín e Grego

hace 3 horas
1 min de lectura

A mobilización será o vindeiro luns, 5 de outubro


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces informa que o vindeiro luns, 5 de outubro, terá lugar unha concentración no IES Marco do Camballón ás 11:30 horas para reclamar a resolución da situación do profesorado de Latín e Grego, que continúa sen resolverse e impide que o alumnado poida cursar estas materias de maneira presencial no propio centro.

Segundo explican desde o instituto, o problema non afecta só ao alumnado actual, senón tamén ao que se incorporará nos próximos anos e ao futuro da oferta educativa do centro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por este motivo, fan un chamamento a participar na concentración ao alumnado, familias, avós e avoas, amizades, veciñanza e a todas as persoas que queiran apoiar o instituto.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

"O futuro do noso alumnado e do noso instituto está en xogo.Queremos un IES con presente. Queremos un IES con futuro. Vémonos o luns. Comparte. Súmate. Fai correr a voz", sinala o Concello.


NOTICIAS RELACIONADAS:

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page