Begoña Balado reúnese coa nova directiva de AECA para coordinaras próximas campañas comerciais
Laura Moure/Arzúa
A concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo do Concello de Arzúa, Begoña Balado, mantivoeste mércores unha reunión coa nova directiva da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Arzúa (AECA), encabezada pola súa nova presidenta, Vanesa Pereiro, nun primeiro encontro de traballo destinado a estreitar lazos e reforzar a colaboración entre o Concello e o tecido comercial e empresarial arzuán.

A reunión permitiu abordar xa algunhas das próximas accións de dinamización do comercio local, entre elas a celebración do Día do Comercio, que chegará proximamente cargado de novidades, así como os preparativos da campaña de Nadal, que este ano se deseñará cunha programación máis ambiciosa, atractiva e especial, buscando sorprender á veciñanza e animar as rúas e os establecementos de Arzúa durante unhas datas
especialmente importantes para o comercio.
PUBLICIDADE
A nova presidenta de AECA trasladou á concelleira a vontade da renovada directiva de iniciar esta etapa con forza, ilusión e novas ideas, recuperando e fortalecendo a colaboración mantida tradicionalmente entre a asociación e o Concello. "Chegamos con moita forza e ilusión para coller as rendas de AECA. Queremos escoitar os nosos comerciantes e empresarios, impulsar novas iniciativas e recuperar esa estreita colaboración co Concello de Arzúa. Temos por diante citas importantes, como o Día do Comercio e a campaña de Nadal, nas que queremos introducir moitas novidades e conseguir que a xente participe e goce do comercio de Arzúa", sinalou Pereiro.
Pola súa banda, Begoña Balado amosou a total disposición da Concellería de Promoción Económica, Comercio e Turismo para manter unha relación fluída e constante coa nova directiva de AECA e traballar conxuntamente en iniciativas que repercutan directamente no sector. "Desde o Concello imos estar ao lado de AECA e do noso comercio. Esta colaboración vai ser continua, escoitando as súas necesidades e sumando esforzos para desenvolver iniciativas que dean vida ás nosas rúas e impulsen a actividade económica local", destacou Balado.
PUBLICIDADE
A concelleira avanzou, ademais, que "xa estamos traballando nun Día do Comercio con moitas novidades enunha campaña de Nadal renovada, máis ambiciosa e con novas propostas que iremos dando a coñecer. Queremos que Arzúa viva estas citas dun xeito moi especial e, sobre todo, que sirvan para poñer en valor e apoiar o noso comercio local".
Ambas as partes valoraron moi positivamente este primeiro encontro, que abre unha nova etapa de diálogo, coordinación e traballo conxunto entre o Concello de Arzúa e AECA, co obxectivo compartido de fortalecer o tecido económico local, fomentar as compras de proximidade e seguir facendo de Arzúa unha vila viva, dinámica e atractiva.









Comentarios