top of page

O Pino destina 118.000 euros á senda peonil de Regas ao cruce de Casal

hace 42 minutos
2 min de lectura

Contará cunha achega da Deputación da Coruña de 94.500 euros


Ecos da Comarca/O Pino

O Pleno da Corporación do Pino aprobou esta semana o proxecto da senda peonil que vai de Regas ao cruce de Casal, que conta cun orzamento base de licitación de 118.158, 35 euros. A obra financiarase con fondos propios e cunha subvención nominativa da Deputación da Coruña de 94.526,68 euros, que tamén foi aceptada na sesión.

A obra consistirá na construción dunha senda peonil de 540 metros de longo por 1,8 metros de ancho, cunha campa de 15 centímetros de zahorra e 5 de aglomerado en quente, que irá dende Regas ata o cruce de Casal. Esta senda conectará coa que xa está licitada e se construirá en breve dende o cruce de Casal ata o cruceiro da igrexa de San Breixo. Cando rematen estas dúas obras, darán continuidade a senda que actualmente vai dende a N-547, a altura do Casqueiro, ata a igrexa de San Breixo de Ferreiros.


A obra conta cun orzamento de 118.158 euros e, para a súa execución, o Concello conta

cunha achega de 94.526 euros que foi aprobada pola Deputación da Coruña no Pleno do

pasado 18 de setembro. O resto do importe, 23.632 euros, será asumido polo Concello do

Pino con fondos propios

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tamén por unanimidade, a Corporación do Pino aprobou no Pleno prorrogar por un ano o contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) coa empresa O Espertar Servizos Sociais SL, que foi a firma adxudicataria na licitación deste servizo, cun orzamento de 666.407

euros anuais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A prórroga do contrato mantense nas mesmas condicións nas que foi adxudicado: cun prezo de 23,46 euros a hora de dependencia en días hábiles e sábados; 25,82 euros os domingos e festivos, e de 24,81 euros a hora de libre concorrencia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page