O xurado de Vilas en Flor 2026 visitará Lalín o 9 de outubro
Este concello de Deza está entre os 40 municipios galegos que aspiran a recibir esta distinción un ano máis
Laura Moure/Lalín
O movemento Vilas en Flor 2026 volve facer visible a súa actividade coas visitas de avaliación aos 40 municipios galegos, entre eles Lalín, que este ano aspiran a recibir as Flores de Honra (ata un máximo de cinco). Este é o galardón co que o programa recoñece a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. A gala anual celebrarase este ano en Salceda de Caselas (Pontevedra).

En Galicia, o movemento Vilas en Flor está promovido pola Fundación Juana de Vega xunto
con Asvinor (Asociación de Viveristas del Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería). Nesta edición, volve contar co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do Territorio.
O equipo de expertos percorre Galicia
O equipo de expertos voluntarios empezou onte a recorrer Galicia para valorar o traballo realizado durante o ano pasado polos gobernos municipais para continuar mellorando a xestión dos seus espazos verdes tendo en conta os aspectos contemplados nas bases. Estos son, entre outros, o coidado do patrimonio vexetal e paisaxístico; o respecto polo medio ambiente e a sostibilidade; o uso social e as sinerxías coa actividade turística.
PUBLICIDADE
Na seguinte táboa, indícase o calendario de visitas por concellos:

EXPERTOS INTEGRANTES DO XURADO
María Isabel Iglesias Díaz. Doutora en Ciencias Biolóxicas. Profesora titular na Escola
Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
Carlos Cárcamo Álvarez. Enxeñeiro técnico agrícola no Concello de Ourense.
María Natividad Gilsanz Mosquera. Bióloga. Técnico de Medio Ambiente Concello de
Ferrol.
Silvia V. Caffaro. Doutora enxeñeira agrónoma. Empresa: Viveros Florgalicia S.L.
Xurxo Xoán González Conde. Administrador de Viveiros Adoa. Xubilado.
PUBLICIDADE
Francisco Javier González Abuín. Enxeñeiro técnico agrícola. Experto en xestión de
espazos verdes.
Manuel Torres Lavandeira. Doutor enxeñeiro agrónomo. Profesor titular na Escola
Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
Manuel Rodilla del Barrio. Arquitecto técnico. Xubilado.
José Antonio Rivas Paz. Enxeñeiro agrónomo. Xerente da Fundación Ingeniería
agronómica para el desarrollo de Galicia.
Amancio Lavandeira. Enxeñeiro técnico agrícola. Profesor no ciclo superior de
Paisaxismo e Medio Rural na EFA Fonteboa.
Ana García Giraut. Enxeñeira técnica agrícola. Experta en xestión de espazos verdes.
Manuel Fontán Espiño. Dono do centro de xardinería Xesteiriña en Sanxenxo e da
empresa Xenebro Xardín no Grove ata a súa xubilación.
Francisco Rodríguez Trinidad. Licenciado en Ciencias Biolóxicas. Xerente de Técnica
arbórea gallega - Artec. Especialista en arboricultura.
José Alonso Pou. Técnico superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais
e Paisaxísticos. Experto en xestión de espazos verdes.
Lucía Rodríguez Quintanilla. Enxeñeira agrónoma. Experta en xestión de espazos
verdes.
Jorge Prieto Sevilla. Enxeñeiro agrónomo. Técnico municipal da Coruña.









Comentarios