top of page

A Federación Galega de Automobilismo presenta a súa nova aplicación móbil oficial

hace 47 minutos
2 min de lectura

É unha ferramenta pensada para que pilotos, equipos, organizadores e afeccionados teñan ao seu alcance todo o necesario para seguir as probas dos campionatos galegos


Laura Moure/Silleda

A Federación Galega de Automobilismo (FGA) presenta a súa nova aplicación móbil oficial, unha ferramenta pensada para que pilotos, equipos, organizadores e afeccionados teñan ao seu alcance todo o necesario para seguir as probas dos campionatos galegos.

A app, dispoñible para iOS e Android, non require rexistro nin datos de usuario: abrila e usala.

Inclúe todo o necesario para seguir as probas (calendario, probas, consulta de licenza e sigad, novas, tempos online, etc) e conta con notificacións para estar ao día das novidades e comunicados da FGA.


A nova aplicación forma parte do afán e do desexo de renovación e mellora da FGA en todos os aspectos, co obxectivo de achegar o ente a quen vive o automobilismo galego e de modernizar a forma en que se xestiona e se comunica.


SIGAD en liña: menos papel, menos pegada de carbono

Dentro desta mesma liña de avance, a FGA pon en marcha a nova ferramenta de consulta de SIGAD en liña. Esta ferramenta supón un paso adiante na redución da pegada de carbono do automobilismo galego, un dos novos desexos e proxectos da federación, ao facilitar a consulta dixital e evitar trámites, impresións e desprazamentos innecesarios.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A ferramenta está disponible no apartado trámites da páxina web da FGA ou na propia APP dentro do menú desplegable.


Clasificacións automatizadas, máis áxiles e con novo deseño

Como novidade, a FGA foi introducindo de forma progresiva a automatización das clasificacións, o que permite publicalas con maior celeridade. As clasificacións estrean ademais un deseño máis moderno e pasan a contabilizar a puntuación en puntos netos e brutos, o que favorece o seguimento dos certames.


Tempos online renovados despois de escoitar a afeccionados e federados

Outro novo aspecto que xa levan desfrutando os afeccionados e federados galegos é a nova páxina de tempos online que se complementa coa actual do proveedor Anube. Esta ferramente foi feita escoitando as necesidades e requerimentos dos protagonistas do automobilismo galego.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O deseño, sinxelo e intuitivo, ofrece múltiples posibilidades de seguemento cun uso reducido de datos móbiles.


Unha comunidade de WhatsApp para estar ao día

A FGA creou tamén unha comunidade de WhatsApp na que se informa das novidades da

federación, do mesmo xeito que xa se fai a través de Instagram. Dese xeito, a información chega de forma directa e rápida a toda a comunidade do automobilismo galego.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page