Comezan as obras de mellora integral das pistas na parroquia de Refoxos, en Silleda
- Laura Moure
- 11 mar
- 2 Min. de lectura
O goberno local recoméndalle ao BNG que "se informe ben" sobre determinadas cuestións
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda continúa arranxando a extensa rede viaria municipal cos fondos que lle corresponden do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra (antigo Plan Concellos). Así, onte comezaron os traballos de arranxo integral da rede viaria na parroquia
de Refoxos. A empresa Taboada y Ramos, adxudicataria destas obras, iniciou as labores de limpeza das pistas, que se prolongarán os vindeiros días.

Nesta localidade melloránse os accesos a practicamente a totalidade dos núcleos, con actuacións en A Pallota, Xastres, O Outeiro, Cardesin, Lázara, A Calzada e O Couto. Algúns deles a mellora será con formigonado dos viais e noutros con asfaltado en quente, incluindo varios tramos do vial principal que vertebra esta localidade.
Publicidade
O proxecto, cun investimento de 350.000 euros, inclue tamén outra actuación na parroquia de Manduas, que se realizará unha vez rematada a obra en Refoxos.
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, que onte se achegou ata Refoxos, destaca que “con este programa continuamos a liña de traballo dos últimos anos, aglomerando en quente os accesos principais e mellorando cunha dotación de maior durabilidade a nosa rede viaria”.
Recomendación ao BNG
Por outra banda, e ao fío da petición do BNG sobre a limpeza de cunetas, dende o goberno municipal recoméndase a este grupo político "que procure informarse ben sobre cuestións coma estas, xa que o personal incorporado a semana pasada ao departamento de obras comezou precisamente a traballar ca limpeza de cunetas no rural, en concreto na parroquia de Parada".
Tamén se lembra que o Concello adquiriu o pasado ano un remolque con biotrituradora para realizar precisamente estes traballos, que continúan estes na parroquia de Laro e que se irán extendendo por outras localidades (Cervaña será unha das próximas).
Así, piden ao BNG de Silleda "que se informen antes de sair publicamente falando destas cuestións e outras como a iluminación da rúa da Estación, un dos tramos nos que precisamente se renovaron todas as farolas e luminarias (agora con bases de maior altura e luces LED) en maio de 2024, xunto as rúas de Camiño do Castro e Condes do Deza".
NOTICIAS RELACIONADAS:
O BNG de Silleda insta a que a limpeza de cunetas sexa a prioridade da maquinaria da mancomunidade: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-silleda-insta-a-que-a-limpeza-de-cunetas-sexa-a-prioridade-da-maquinaria-da-mancomunidade
O BNG de Silleda demanda ao goberno municipal o asfaltado integral da Rúa da Estación: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-silleda-demanda-ao-goberno-municipal-o-asfaltado-integral-da-r%C3%BAa-da-estaci%C3%B3n
Comments