top of page

O BNG de Silleda demanda ao goberno municipal o asfaltado integral da Rúa da Estación

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda denuncia que as obras levadas a cabo para colocar varios redutores de velocidade na Rúa da Estación "non resolve os principais problemas que ten a rúa,

como son os numerosos baches, nos que se forman perigosas balsas de auga os días

de chuvia, a falta de luz en horas nocturnas, e incluso a sucidade, razón pola que

esiximos ao goberno municipal que leve a cabo o asfaltado integral desta Rúa da

Estación, desde a altura do colexio público ata a rotonda situada á altura de Neumáticos

Tato".

Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En todo caso, "desde o BNG valoramos positivamente os novos redutores porque vanna liña defendida pola nosa organización ao respecto de dar prioridade a realización de

obras que sirvan para atender as necesidades básicas e máis urxentes da veciñanza. Vemos que cando quere, o Concello consegue financiación para grandes obras, e iso

está ben, pero o goberno non pode deixar de atender estas cuestións básicas. Non se

precisan beirarrúas novas, en todos lados. Un simple asfaltado e máis iluminación poden

supoñer unha renovación total dunha vía de acceso como esta Rúa da Estación, moi

frecuentada por veciños que saen a pasear ou facer deporte” recalca a voceira local,

Erea Rey, ao tempo que reprocha ao goberno local que non esixise á Xunta un asfaltado

integral antes da cesión da vía en 2021, o que obriga agora ao Concello a asumir o custo

deste posible asfaltado.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nese sentido, sinala que "queremos lembrar que o BNG leva moitos meses defendendo en Pleno que o Concello realice un plan de mellora urbana, consistente na mellora da iluminaciónnos pasos de peóns, ou a rebaixa da altura das beirarrúas nos cruzamentos para facilitarasí a mobilidade peonil".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page