Colisión entre dous vehículos en Castrofeito, O Pino
Ecos da Comarca/O Pino

Hoxe, venres, produciuse un accidente de tráfico no municipio do Pino. O 112 Galicia foi alertado ás 11:41 horas.
Publicidade

Tal e como informa o 112 Galicia foi unha colisión entre dous vehículos na N-634 en Castrofeito. "Un dos particulares implicados indicounos que aparentemente non había feridos aínda que unha persoa se atopaba moi alterada", indica o 112.
Publicidade
Con estes datos avisaron a Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico e tamén informaron aos Bombeiros de Arzúa e de Santiago de Compostela.








Comentarios