top of page

Cogami pide máis seguridade e inclusión na atención sanitaria ás persoas con discapacidade orgánica

hace 10 minutos
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

Hoxe, como cada 17 de setembro, conmemórase o Día Mundial da Seguridade do Paciente, unha efeméride que dende Cogami e a súa Comisión Sociosanitaria aproveitan para sensibilizar, visibilizar e reivindicar dereitos das persoas con discapacidade orgánica.

As sesenta asociacións que integran o movemento asociativo de COGAMI reivindican máis coordinación sociosanitaria, máis investigación inclusiva tendo en conta ás mulleres, máis seguridade nos tratamentos para persoas con discapacidade e unha atención máis humana e accesible.

Baixo o lema “Saúde: ciencia e conciencia”, COGAMI e a súa Comisión Sociosanitaria lanzan unha campaña a través das redes sociais para visibilizar as necesidades e demandas das persoas con enfermidades crónicas, discapacidade e outras condicións de saúde. Ademais, a través desta campaña, a entidade traslada unha serie de reivindicacións concretas dirixidas á Administración pública, á industria farmacéutica e ás persoas investigadoras.


Á Administración pública

  • Maior coordinación entre profesionais e especialidades sanitarias, de xeito que sexa a información a que se traslade dun departamento sanitario a outro, e non a/o paciente.

  • Unha atención sanitaria máis humana, accesible e centrada nas persoas.

  • Seguridade nos procesos e tratamentos sanitarios para as persoas con discapacidade, adaptando protocolos, probas e coidados ás súas circunstancias específicas para evitar posibles erros e riscos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Á industria farmacéutica

  • Acceso a tratamentos eficaces para as enfermidades crónicas.

  • Compromiso coa seguridade dos procesos e tratamentos dirixidos a persoas con discapacidade, garantindo que o seu deseño e desenvolvemento teña en conta as súas necesidades específicas.

     PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ás persoas investigadoras

  • Máis investigación en enfermidades raras e de baixa prevalencia, para garantir un mellor futuro ás persoas que as teñen.

  • Investigación que inclúa á muller de xeito real e representativo nos estudos e ensaios clínicos, evitando o nesgo de xénero que historicamente afectou ao coñecemento científico e ao deseño de tratamentos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Porque a saúde é un dereito, non unha carreira de obstáculos. Cada paciente conta e cada voz, importa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page