top of page

Martiño Ramos, condenado por agresión sexual a unha alumna, está no cárcere de Monterroso

hace 2 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Monterroso

O exprofesor ourensán Martiño Ramos Soto, condenado a 13 anos e medio de prisión por un delito de agresión sexual continuada cometido contra unha exalumna menor de idade, cumpre condena dende o pasado mes de xullo no centro penitenciario de Monterroso.

O cárcere de Monterroso. Autor: Ecos da Comarca.
O cárcere de Monterroso. Autor: Ecos da Comarca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tras os feitos Ramos Soto trasladouse a Cuba, onde foi localizado e posteriormente detido, antes de quedar á disposición das autoridades españolas para facer fronte ao procedemento xudicial.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O exdocente foi extraditado desde Cuba a España o pasado mes de abril para cumprir coa condena imposta pola Xustiza española. O condenado fuxira á illa caribeña en xullo de 2025, despois de que o Tribunal Supremo desestimase o seu recurso de casación e a sentenza de trece anos e medio de prisión adquirise carácter firme. En Cuba faciase parsar por fotógrafo e usaba o nome de Martín Soto, tendo gran presenza nas redes sociais, o que permitiu dar co seu paradoiro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page