O CEIP Mestre Pastor Barral manten as mobilizacións á espera dunha resposta "convincente" da Xunta
Laura Moure/Melide
As familias do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide manteñen as mobilizacións para reclamar unha solución ás necesidades de persoal do centro, despois da reunión celebrada este martes coa Xefatura Territorial de Educación e con Inspección.

Segundo informa a ANPA Camiño Real, durante o encontro trasladáronse aos responsables educativos as necesidades do colexio. Pola súa banda, a administración sinalou que estudará como “optimizar recursos” e analizará que medidas pode adoptar, comprometéndose a ofrecer unha resposta o vindeiro venres 25 de setembro.
PUBLICIDADE
Unha resposta que, segundo a ANPA, non convenceu á maioría das familias que participaron posteriormente na reunión convocada para valorar a situación. Por este motivo, as mobilizacións continúan ao longo desta semana e, de novo, ningún alumno ou alumna acudiu ao centro educativo.

Desde a ANPA aseguran que a intención das familias é manter as protestas ata recibir unha resposta que consideren “convincente” e que dea solución ás necesidades que está a reclamar a comunidade educativa.
PUBLICIDADE
As mobilizacións iniciáronse a pasada semana, dende o inicio de curso, para esixir á Consellería de Educación que cubra a praza de Francés catalogada no centro, unha situación que as familias consideran necesaria para garantir unha atención educativa adecuada ao alumnado.
PUBLICIDADE
NOTICIAS RELACIONADAS:
A ANPA e os pais do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide concéntranse mañá ante a falta de docentes: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-ceip-mestre-pastor-barral-de-melide-convoca-para-o-9-unha-xornada-de-protesta-pola-falta-de-profes
Vídeo do primeiro día da mobilización: https://www.facebook.com/reel/1632942528312732
Tres días de aulas baleiras no Mestre Pastor Barral de Melide para esixir un docente máis:https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-d%C3%ADas-de-aulas-baleiras-no-mestre-pastor-barral-de-melide-para-esixir-un-docente-m%C3%A1is










Comentarios