Presentáronse unhas 70 obras e houbo catro gañadoras
Pereiro, Hermida, Fernández, Georgiev e Pol tras a entrega de premios.
Autor: Ecos da Comarca.
Laura Moure/Lalín
Asociación Cultural Chorima de Lalín fixo entrega este sábado dos premios do concurso literario Letras para Asubiar! Había dúas modalidades: a de narrativa e a de poesía. E ante a cantidade de textos presentados, uns 70, a directiva decidiu dar dous premios por categoría, unha para xuvenil e outra para adultos. "Estamos moi contentos coa cantidade de obras presentadas e destacamos a calidade delas", indica Cristina Pereiro, a tesoureira.
A biblioteca municipal de Lalín acolleu o acto de entrega. Os premios foron entregados por Pereiro e pola presidenta, María Pol.
Na CATEGORÍA XUVENIL, en relato gañou O canciño que axudou a voar ó paxariño de Tania Fernández. Ela é alumna de sexto curso do CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón
Autor: Ecos da Comarca
Seguindo na categoría xuvenil, en poesía, o vencedor foi Quédome soa de Valeria Georgiev González. É alumna do primeiro ciclo de ESO no IES Laxeiro de Lalín.
Autor: Ecos da Comarca.
Pola contra, na CATEGORÍA ADULTA no modo de relato, gañou Auroriña de María Hermida, quen é natural de Rodeiro, pero reside en Vilagarcía, e en poesía o premio é para o poema de Antía Álvarez Moure, o cal non ten título.
Autor: Ecos da Comarca.
Todas as gañadoras, antes de recoller o premio, leron ante o público o seu relato e recibiron os aplausos do público. Antía Álvarez non puido estar presente, pero si o fixo a través dun vídeo no que leu o seu poema, deu as gracias por recibir este galardón e tamén felicitou ao resto de premiadas.
Antía Álvarez fixo acto de presencia a través dun vídeo.
Autor: Ecos da Comarca.
Este concurso foi todo un éxito para este colectivo que botou andar en outubro do 2020. E o seus obxectivos son a reivindicación do patrimonio lingüístico, cultural, político e histórico de Galicia.
Deixamos por aquí o enlace da noticia na que publicamos en EXCLUSIVA os relatos gañadores:
E a entrevista que lle fixemos a Chorima:
Comments