Chamamento solidario en Vilasantar para axudar a unha familia que perdeu todo no incendio da súa casa
- ecosdacomarca

- hace 46 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Concello veciño de Vilasantar activou un protocolo de emerxencia social tras o grave incendio acontecido na madrugada do luns ao martes nunha vivenda do municipio. Arredor das 5:30 horas da mañá, un lume declarado na casa de Manolo de Tamou e da súa filla reduciu a vivenda a cinzas. Afortunadamente, ambos puideron escapar das lapas e salvar a vida, aínda que perderon todas as súas pertenzas. No terrible incendio tamén faleceu a súa mascota.

Dende o primeiro momento, o Concello de Vilasantar puxo en marcha un dispositivo de apoio social para acompañar á familia nestes momentos tan difíciles. Ademais, veciños e veciñas do municipio están amosando unha gran solidariedade e colaboración para axudarlles a afrontar esta situación.
PUBLICIDADE
Nestes momentos, toda axuda suma para que esta familia poida recuperar pouco a pouco a normalidade. Por iso, ademais do apoio prestado polo Concello, facilítase un número de conta para aquelas persoas que desexen realizar unha doazón solidaria directa:
Titular: Manuel Fernández LópezNº de conta: ES6220800024183040030708 Concepto: Donativo solidario
PUBLICIDADE
Cada pequeno xesto pode marcar a diferenza nun momento tan angustioso. A solidariedade da veciñanza volve demostrar que Vilasantar é un pobo unido, sempre disposto a apoiar aos seus veciños e veciñas cando máis o precisan.
NOTICIA RELACIONADA:
Arde por completo unha casa no concello de Vilasantar: https://www.ecosdacomarca.com/post/arde-por-completo-unha-casa-no-concello-de-vilasantar








Comentarios