top of page

Arde por completo unha casa no concello de Vilasantar

Ecos da Comarca/Xeral

A vivenda ardeu por completo. Autor: Bombeiros de Arzúa.
A vivenda ardeu por completo. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Esta madrugada orixinouse un incendio nunha vivenda do concello veciño de Vilasantar que a calcinou por completo. O 112 Galicia foi alertado ás 5:33 horas deste martes.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tal e como informan os Bombeiros de Arzúa, a vivenda afectada está situada no lugar de Tamou, na parroquia de Présaras. Os bombeiros indican que só se salvou un galpón onde gardaban leña e un coche.

O interior da vivenda calcinada. Autor: Bombeiros de Arzúa.
O interior da vivenda calcinada. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Na casa estaban dúas persoas, pero saíron ilesas. Ademais do Bombeiros de Arzúa, tamén se desprazaron ao lugar os Bombeiros de Betanzos, o GES de Curtis e a Garda Civil.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!
Un dos bombeiros no lugar. Autor: Bombeiros de Arzúa.
Un dos bombeiros no lugar. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Pola mañá, quedaba no punto a garda entrante dos Bombeiros de Arzúa facendo labores de arrefriamento e quitando material.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page