top of page

Camiñas acusa ao PP de perder a oportunidade de que o Rali do Cocido pase por Rodeiro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Lembra que había un tramo por este concello ata o 2021 e recalca que "era un revulsivo para a economía nunha terra onde o turismo está por despegar"


Ecos da Comarca/Rodeiro

"O Rali do Cocido, que non pasa por Rodeiro, outra oportunidade económica para Rodeiro que o PP botou a perder", afirma de maneira crítica o candidato socialista á Alcaldía deste municipio, José Luis Camiñas.

"Ocorreu o ano pasado e volve pasar estes días. Hosteleiros e comerciantes de todo o noso municipio, pero especialmente do noso casco urbano de Rodeiro, están indignados co feito de que o Rali do Cocido, un revulsivo para a economía nunha terra onde o turismo está por despegar, non pase por Rodeiro, algo que ocorría ate o 2021".

Así mesmo, sinala "que non hai máis que lembrar as palabras dos propios gobernantes do PP para sinalar a importancia de que esta competición pase polo noso municipio. "Esta proba posibilita poñer Rodeiro no mapa", dicía Lugués antes de perderse o tramo cambote. "É un tema moi importante no ámbito social e económico" engadía Rubén Quintá no 2021", recorda Camiñas.


Pero lamenta que "está claro que as palabras levounas o vento e que, aínda que agora buscarán excusas, a única realidade é que, como en tantos outros eidos, no tema do Rali do Cocido o PP aplicou a política do pasotismo e, o que é peor, a desfeita total. Nin saben, nin queren xestionar pensando na economía do municipio. Especialmente grave lle debería parecer este asunto á candidata popular, Cati Somoza, que foi concelleira de Economía e que, malia todo, non é en absoluto consciente dos beneficios que lle pode deparar esta proba a panaderías, supermercados, bares e restaurantes ou gasolineras".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Hoxe, cando outros concellos da comarca se enchan de afeccionados, en Rodeiro estaremos coma sempre: sen nada. Que os gobernantes do PP expliquen cal é o motivo de que o rali xa non pase por Rodeiro e que saiban que, tralo 28 de maio, o PSOE tratará de recuperar o tramo da proba, así como todas as oportunidades de atraer xente a Rodeiro", recalca o socialista.





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page