Cúmprense cinco anos da desaparición de Julio Félix Fernández Vázquez, veciño de Silleda
- Laura Moure
- 12 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
Que rápido pasa o tempo e canta dor deben sentir os familiares de Julio Félix Fernández Vázquez ao non ter respostas en todo este tempo. Por estas datas queremos lembrar a este veciño da parroquia silledense de Saídres que desapareceu fixo onte cinco anos. Dende ese día os seus familiares viven nunha incertidume total sen saber que foi del.
Desapareceu, con 72 anos, o 11 de outubro de 2018 cando saíu a dar un paseo. Vivía no lugar de Aldea Grande, nesta parroquia. Durante semanas familiares e voluntarios estiveron peinando distintas zonas para intentar dar co seu paradoiro, usáronse distintos medios e incluso, chegaron dende Madrid cans de rastreo que participaran noutros casos destacados de desaparecidos. Cada xornada, era unha nova esperanza de que ese ía ser o día, o día de atopalo. Pero por desgraza, dende iso xa van cinco anos.

ECOS DA COMARCA falou hoxe mesmo coa súa sobriña Paula Fernández, que nos indica que en todo este tempo non houbo ningún avance. "Non tivemos ningunha noticia, todo segue igual", lamenta.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Tres anos sen saber deste veciño de Silleda desaparecido en 2018: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-anos-sen-saber-nada-do-silledense-julio-f%C3%A9lix-fern%C3%A1ndez-v%C3%A1zquez
Catro anos sen saber del: https://www.ecosdacomarca.com/post/hoxe-c%C3%BAmprense-catro-anos-da-desaparici%C3%B3n-de-julio-f%C3%A9lix-fern%C3%A1ndez-v%C3%A1zquez-veci%C3%B1o-de-silleda
Comments