top of page

Tres anos sen saber nada do silledense Julio Félix Fernández Vázquez

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A familia sinalou hoxe que non hai ningunha pista do seu paradoiro. El é veciño da parroquia de Saídres e daquelas tiña 72 anos


Laura Moure/Silleda

Xa hai tres anos da desaparición de Julio Félix Fernández Vázquez, veciño da parroquia silledense de Saídres. Desapareceu, con 72 anos, o 11 de outubro de 2018 cando saíu a dar un paseo. Vivía no lugar de Aldea Grande, nesta parroquia. E por desgraza, despois de todo este tempo non hai nada que indique que foi del. "Xa fan tres anos e todo segue igual, non hai ningunha pista nin nada", sinalou hoxe a súa sobriña Paula Fernández.


Durante semanas familiares e voluntarios estiveron peinando distintas zonas para intentar dar co seu paradoiro, usáronse distintos medios e incluso, chegaron dende Madrid cans de rastreo que participaran noutros casos destacados de desaparecidos. Pero lamentablemente, a busca foi infrutuosa. Eu mesma vivín de cerca este operativo de busca ao traballar nese momento noutro medio de comunicación e é imposible non empatizar cos seus seres queridos, onde cada xornada os ánimos ían decaendo. Cada día amencía coa esperanza de que ese podía ser a data da fin do pesadelo para esta familia, pero o pesadelo, tristemente, continúa.


Por iso por Julio Félix, polos seus familiares e polos miles de desaparecidos e dos seus seres queridos estas desaparicións non poden quedar no esquecemento da sociedade, porque nas súas vivendas segue habendo un gran vacío.


0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page