O GES de Monterroso participa no operativo
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia informa que hai un operativo para buscar a un home que saltou á auga en Taboada. Ocorreu nun club náutico situado en San Xián de Ínsua ao fío das 19:30 horas.
Foi un particular quen explicou ao 112 Galicia que un home saltara á auga desde o pantalán e que xa non o vían. No lugar había varias embarcacións e diversos bañistas, que presenciaron os feitos e que trataron de localizalo nun primeiro momento.
Publicidade
No operativo, que continúa activo ás 21 horas, participan os servizos sanitarios, a Garda Civil, os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e os voluntarios de Protección Civil de Taboada, que dispoñen dunha embarcación na zona, ata onde tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense mobilizado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Publicidade
Cabe mencionar que no encoro de Belesar tamén buscan a un pescador que caeu á auga cando intentaba recuperar a súa cana. Máis información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-a-un-pescador-que-caeu-no-encoro-de-belesar-cando-trataba-de-recuperar-a-s%C3%BAa-cana
Comments