top of page

Buscan a un pescador que caeu no encoro de Belesar cando trataba de recuperar a súa cana


Ecos da Comarca/Xeral

Os servizos de emerxencias buscan a un pescador que caeu á auga cando trataba de recuperar a súa cana no encoro de Belesar, tal e como informa o 112 Galicia. Foi un amigo que pescaba con el quen chamou ao 112 logo de ser incapaz de axudalo e perdelo de vista. 

Foto de arquivo.

Ocorreu pouco despois das 16:30 horas: o alertador explicou ao 112 Galicia que estaban pescando no encoro de Belesar, no Páramo, cando o desaparecido perdeu a súa cana. Ao tratar de recuperala acabou caendo á auga. O seu amigo tratou de auxilialo, pero non o conseguiu e acabou perdéndoo de vista. Foi nese momento cando relatou os feitos aos xestores Centro Integrado de Atención ás Emerxencias e engadiu que el estaba na beira e precisaba asistencia sanitaria.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a acción dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil.


Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no lugar e atendeu ao alertador, que quedara ferido na beira tras tratar de rescatar ao seu compañeiro.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Ao mesmo tempo, os bombeiros confirmaron que localizaran a cana de pescar, pero non ao desaparecido. Pola súa banda, a Garda Civil coordina o operativo e envía a varios efectivos do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) e unha unidade de drons.


Nestes momentos, os servizos de emerxencias continúan coas tarefas de busca.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page