top of page

Bos resultados para o Atletismo Deza

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Daniel Conde estréase nun Campionato Absoluto e Pepe Domínguez recolle un bronce en 800 metros

Ecos da Comarca/Deza

O Club Atletismo Deza gozou doutra gran fin de semana de probas deportivas. Primeiro, asistiu ao Campionato Galego Absoluto, en Ourense, no que se estreou o deportista Daniel Conde e conseguiu facer 7,30 de tempo nos 60 ml, "un grande resultado tendo en conta que leva uns catro meses practicando atletismo", sinala o club. Neste campionato tamén asistiu Beltrán Rivas, quen fixo unha boa marca, 1,78 metros, e chegou ao sétimo posto.

Unha proba máis, un dos fundadores do club Pepe Domínguez recolleu unha nova medalla para a casa. Nesta ocasión, foi no Campionato Galego Máster en pista cuberta, que se celebrou en Ourense. Nesta competición, Domínguez participou nos 800 metros, facendo un tempo de 2:16 e recollendo un bronce.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Houbo unha boa participación no Torneo de Reis, que se celebrou en Pontevedra, unha proba que fora adiada da xornada de Reis por causa do mal tempo e á que asistiron menos atletas dos que ao Club lle gustaría, posto que había prazas limitadas.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente, o Deza tamén tivo representación no Circuíto Comarcal de Campo a Través de

Chantada, onde participou a atleta Xiana Alarcón.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page