top of page

Bodaño acollerá hoxe unha reunión informativa sobre os proxectos eólicos e a LAT Cunca-Rodeira

21 nov
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A veciñanza de Bodaño (Vila de Cruces) organiza este sábado 21 de novembro unha reunión informativa aberta para abordar a preocupación existente arredor dos parques eólicos Mesada, Cunca e Rodeira, así como da liña de alta tensión Cunca-Rodeira, proxectos que se atopan actualmente en período de alegacións e que afectan ao concello de Vila de Cruces.

O encontro terá lugar ás 12:00 horas no local social de Bodaño e está dirixido tanto ás persoas directamente afectadas polas instalacións como a todas aquelas interesadas en coñecer máis detalles sobre os proxectos e as súas posibles consecuencias sobre a saúde, o territorio e as parcelas afectadas.

 PUBLICIDADE

Durante a reunión, as persoas asistentes poderán consultar documentación relativa á liña de alta tensión e ás alegacións presentadas ou preparadas contra o proxecto, co obxectivo de ofrecer información e resolver dúbidas sobre as actuacións previstas.


A organización tamén confirmou que se remitiu invitación a todos os grupos municipais, que confirmaron a súa asistencia ao encontro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A convocatoria pretende servir como espazo de información, diálogo e participación veciñal ante uns proxectos que suscitan preocupación entre parte da poboación de Vila de Cruces.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page