top of page

Blanco salienta a resposta do Goberno para protexer aos galegos dos efectos da guerra en Oriente Próximo

“Fixémolo na pandemia, na crise enerxética e na guerra de Ucraína, e volvemos facelo agora, activando todos os recursos do Estado", destaca o delegado do Goberno en Galicia


Ecos da Comarca/Xeral

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, salientou onte o esforzo do Goberno de España para protexer ás familias e empresas galegas dos efectos da guerra en Oriente Próximo. “Unha vez máis, o Goberno está onde ten que estar, ao lado da xente cando

máis o necesita”, afirmou.

Neste contexto, puxo en valor a resposta “seria e responsable” do Goberno de Pedro Sánchez para conter os prezos, apoiar os sectores máis afectados en Galicia e protexer os fogares, especialmente os máis vulnerables.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O delegado reivindicou o traballo constante do Goberno, “á altura en cada momento que é necesario, pois fixémolo na pandemia, na crise enerxética e na guerra de Ucraína, e volvemos facelo agora, activando todos os recursos do Estado para dar resposta aos efectos económicos e sociais dunha crise que non provocamos, pero que ten consecuencias no día a día da cidadanía”.


Así mesmo, asegurou que o Goberno “vai seguir traballando para aliviar esta situación nos petos dos galegos e galegas”, incidindo en que se adaptarán as medidas en función da evolución do contexto internacional.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

O Consello de Ministros aprobou este venres dous reais decretos lei con medidas urxentes para paliar o impacto que a guerra en Oriente Próximo está a ter nos cidadáns e a economía. O primeiro contén 80 medidas que mobilizarán 5.000 millóns de euros para beneficiar a 20 millóns de fogares e 3 millóns de empresas. O segundo establece unha conxelación temporal dos prezos do aluguer de vivendas. Ambos entrarán en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial do Estado. Medidas no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-goberno-de-espa%C3%B1a-aproba-axudas-para-o-gas%C3%B3leo-agr%C3%ADcola-e-para-a-compra-de-fertilizantes




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page