top of page

Atletismo Deza, bronce en probas combinadas

Durante a proba, o atleta lalinense Beltrán Rivas acadou o récord galego en octatlón


Ecos da Comarca/Deza

Nesta fin de semana o Club Atletismo Deza fixo historia ao conseguir o bronce no Campionato Galego Absoluto de Probas Combinadas por equipos na proba masculina, e a sétima posición no feminino. As probas tiveron lugar en Vigo e a representación do club, a pesar de ser un campionato absoluto, estivo formada por atletas dunha media de 15 anos de idade.

O equipo masculino estivo formado por: Beltrán Rivas, Breogán García, Martiño Rivas e León Feijoo. Mentres que o equipo feminino contou coas atletas Valeria Pájaro, María Campos e Celia Vázquez. Tan só tres clubs conseguiron clasificar aos equipos masculino e feminino.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta xornada, o club conseguiu outro fito da man de Beltrán Rivas, que logrou unha vitoria e un novo récord galego de octatlón Sub16.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Club celebra esta xornada con “moito orgullo”, xa que chega nunha época “de grandes logros e na que se vai vendo o froito de todo o traballo”. Dende o Club resaltan que “entre

todos estamos levando adiante un proxecto que seguro deixará pegada nos mais de 200 pequenos/as atletas que temos”.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page