As obras na piscina municipal de Palas permitirán mellorar as condicións de baño para esta tempada estival
- ecosdacomarca

- 26 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei rematará a mellora do vaso da piscina municipal onde se substituirán os gresites que se atopaban deteriorados por unha nova capa que mellorará a estanquidade do vaso evitando así, as filtracións e mellorando as condicións de baño.
Publicidade
As obras, que se agarda estean rematada para finais do mes de maio co obxectivo de que estean listas para a temporada estival, foron supervisadas polo responsable de Deportes da Xunta en Lugo, Manolo Cadramón, e o alcalde do municipio, Pablo Taboada.
Publicidade








Comentarios