Convidan a vir caracterizados con roupa de entre os anos 40 e 70 para gozar ao máximo desta feira tradicional
Ecos da Comarca/Sobrado
O lugar de As Cruces, en Sobrado dos Monxes, volverá ao pasado este sábado, 17 de agosto, coa celebración da Feira do 13, organizada polo veciños deste sitio e polo Concello de Sobrado. Unha xornada chea de gastronomía, actividades e exposicións, tal e como indica o Concello.

Ademais dende a administración local convidan a vir caracterizados con roupa de entre os anos 40 e 70 para gozar ao máximo desta feira tradicional e tamén aos xinetes da zona a que asistan.
Publicidade
A xornada festiva estará amenizada pola música tradicional de A Maristela de Sobrado. Haberá produtos agrícolas da zona, exposición de coches clásicos e de tractores e apeiros de labranza antigos, servizo de polbeira, tendas típicas e degustación dun becerro enteiro asado.
Comments