Arrancan as obras de reforma das piscinas municipais de Agolada
"Despois de tantos anos coas piscinas públicas nun importante estado de deterioro, hoxe comezamos coas obras para unha total renovación das piscinas, así como a creación dun ximnasio", recalca o Concello
Ecos da Comarca/Agolada

Comezan as obras de reforma das piscinas municipais de Agolada, tal e como o anunciou este mércores o propio Concello. "Despois de tantos anos coas piscinas públicas nun importante estado de deterioro, hoxe comezamos coas obras para unha total renovación das piscinas, así como a creación dun ximnasio".
Publicidade
Ademais, sinala que "seguimos traballando pola modernización do Concello de Agolada, dándolle así os mellores servizos a nosa veciñanza para o seu uso e disfrute".
Publicidade
Os interesados poden ver aquí o plano da obra:

Publicidade
Cabe mencionar que o pasado decembro o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou o municipio de Agolada para asinar co alcalde, Luis Calvo, un convenio de colaboración enmarcado no “Programa provincial de infraestruturas e dotacións singulares para a execución da Axenda 2030 (PON2030)” a través do cal o Goberno provincial financiará con máis de 430.000 euros, o 80 % do orzamento, os traballos para a remodelación integral da piscina municipal deste concello. A noticia completa no enlace:










Comentarios