top of page

Arde unha casa por completo en Boimorto sen causar danos persoais

hace 8 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Boimorto

Onte orixinouse un incendio nunha casa no concello de Boimorto que a calcinou por completo tal e como informa o 112. Trátase dunha vivenda de dúas plantas.

A casa afectada. Autor: Bombeiros de Arzúa.
A casa afectada. Autor: Bombeiros de Arzúa.

O 112 Galicia tivo coñecemento de dito incendio uns dez minutos despois das 16:00 horas, logo de que un particular indicase que saía fume e se vían lapas nunha casa na Abeleira, na parroquia de Sendelle.

 PUBLICIDADE

Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boimorto, que acudiron ata a zona.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A dotación de bombeiros estivo traballando varias horas no punto ata dalo por extinguido. Segundo indicaron, chegou a arder a casa por completo e colapsou o tellado. Afortunadamente non constan persoas afectadas polo incendio.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page